#ACulturaÉUndereito #galiza #ReinodeGalicia #Suevos #Irmandiños #xacobeo21_22 #Historiagalicia #youtubeiras #youtubeiros
Non hai mellor lugar para falar das achegas de poboación que recibiu a Galiza medieval que Mondoñedo. A catedral e o que daquela era o seu núcleo urbano foron trasladados en 1112 desde o seu asentamento orixinal, no actual concello de Foz, até a súa ubicación actual, nun emprazamento máis protexido e afastado da costa. Detrás desta decisión, a busca de protección fronte os repetidos ataques que durante moito tempo chegaran polo Atlántico.
Seis séculos antes deste traslado, no período do reino suevo, tamén á contorna de Mondoñedo chegou desde o mar un grupo de poboación bretoa, baixo o liderado do bispo Maeloc. Baixo que condicións tivo lugar a súa chegada, e cales foron as consecuencias, son cuestións que non fican moi claras. Que sabemos dos bretóns?
---- Producido pola cooperativa audiovisual Suseia para coñecer máis producións similares visita a súa web
[ Ссылка ] ou @suseia.coop
---- Proxecto seleccionado pola Area de Cultura da Deputación de A Coruña para formar parte do seu "Fondo Cultural do Reino de Galicia". Recomendamos seguir a súa canle
[ Ссылка ] ou o perfil @DACCultura nas redes sociais.
__________________________________________________________________________________________
Agradecementos:
A Carlos Lixó, por amosarnos a Galiza con perspectiva histórica e cun sorriso sempre na cara.
A Xosé Miguel Andrade, Mariña Bermúdez, Anselmo López Carreira, Miguel Garcia-Fernández, Manuel Gago e Carlos Barros por sumarse á aventura cando esto era tan só unha idea nun par de folios.
A Universidade de Santiago e o Museo do Pobo Galego por abrirnos as portas dos seus cláustros.
A Fundación Catedral de Santiago que nos abriron todas e cada unha das portas precisas para ambientar esta aventura.
O Museo Arqueolóxico de Dume.
A Catedral de Mondoñedo e en especial ó noso guía na visita, Don Pedro.
Ó Concello de Celanova e Pontedeume.
A todos vós, que nos axudáchedes na súa difusión.
Afectaron as invasións á sociedade galega?
Теги
Reino de GaliciaGalizaFalemos do Reino de GaliciaCarlos LixóWebserieHistoria MedievalHistoriaA Cultura é un dereitoHistoria de la península IbéricaReino de GalizaDivulgación HistóricaGalegoYoutubeirasYoutubeirosAnselmo LópezManuel GagoMariña BermúdezUSCMaterial divulgativoHistoria doadaHistoria fácilHistoria dummiesNaciónsEstadosInvestigación HistóricaCamino SantiagoXacobeoSantiago de CompostelaApóstol