Realización: Anxo Santomil
Ano: 2012
Duración: 5,59 min.
Xénero: Animación fotográfica 3D
[ Ссылка ]
O proceso de construcción do proxecto do Templo da Vera-Cruz do arquitecto Antonio Palacios a través da conversión do arquivo de imaxes antigas 2D ao formato 3D.
Unha forma de contar a historia reconstruíndo visualmente unha época cun exercicio estimulante do ollar. Apreciar como o tecido urbano se foi alterando e volvernos aos aspectos esquecidos dunha vila chea de significados a través dos que é posible aprender como sociedade colectiva.
Unha contribución á reflexión sobre a organización do espazo, sobre o concepto urbanístico ideado por Palacios para a Vila do Carballiño que puido ter sido pero que quedou truncado pola continuada práctica insensible á súa obra e ó seu entorno.
Unha homenaxe ao promotor da obra D. Evaristo Vaamonde, ao seu construtor, Adolfo Otero Landeiro, e a todos aqueles veciños-obreiros que coas súas mans fixeron posible a execución de semellante monumento.
Ещё видео!