Alalá nº 205 "A Regionalista" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 26/05/2012
LUGAR: TEO
Visita a nosa canle: [ Ссылка ]
A asociación “A Regionalista” de Teo vense preocupando desde o ano 1992 por enxalzar os nosos costumes, as nosas tradicións e as nosas músicas. Ó grupo d e mozos que a forman interésalles tanto as formacións musicais como os feitos históricos, os rituais festivos, as falas esquecidas, o vestiario ou a forma de tocar instrumentos. Desde nenos estiveron en contacto coa música e a todos os une a necesidade de non perder os nosos valores culturais . E fano a través do contacto directo cos maiores, de diversos estudos e publicacións e, por suposto, a través da súa música.
A pesar de que a xente maior nos vai deixando e a aldea vaise transformando, moitas historias conservaranse e daranse a coñecer polo interese desta asociación á que lle chamaron “A Regionalista”.
Teñen a súa propia páxina web que se nutre do traballo de campo que lle proporcionan os informantes. Aquí, para os interesados están todas as actividades que fixeron e que han facer: das tradicións, dos persoeiros da terra, das publicacións e as actuacións das dúas formacións musicais que teñen: Alvariza, que recupera os sons das murgas do século pasado e Fargallos unha nova aposta polo canto vocal.
Tamén teñen varios libros publicados e outras actividades -como obras de teatro- coas que pretenden manter viva a cultura popular e facer un repaso á memoria histórica que ven sendo un fiel reflexo das intencións que deron orixe a esta Asociación de Teo.
720p
Ещё видео!