O OUTONO FOTOGRÁFICO, é o festival galego de fotografía, decano da Península Ibérica e o segundo máis antigo do mundo. Este ano chega á súa 34ª edición, que leva por lema DENTRO|FÓRA
Datos desta edición:
92 exposicións (das que 34 son da Sección Oficial)
304 autoras e autores (entre individuais e colectivas)
70 espazos expositivos
Presenza en 21 localidades de Galiza e 4 de Portugal
14 Accións formativas (cursos, obradoiros, palestras...)
Estrutura do festival:
Sección Oficial: o festival convida a autoras/es e curadoras/es para programar aquelas exposicións tratadas desde un punto de vista profesional do mundo da arte e da fotografía. Algunhas delas son exposicións que circulan por todo o mundo entre os festivais e bienais máis importantes, e outras son producións propias que entrarán nese circuito internacional.
Inter-seccións: Aquelas accións fotográficas de difícil inserción nas categorías conónicas da fotografía.
Historias da fotografía galega: sección na que se poñen en valor arquivos de fotógrafas/os de Galiza xa falecidos, recuperándoos e facéndoos visíbeis.
Outono Aberto: É a sección máis democrática na que, a través dunha convocatoria aberta na web, selecciónanse proxectos expositivos e coordínase a súa exposición.
Formación: o festival tamén organiza obradoiros e xornadas formativas, ademais de darlle difusión á formación que organizan a rede de colaboradores do OF.
[Vídeo da TVG]
Ещё видео!