IGREXIA DE MANDUAS
BANDEIRA - SILLEDA
PONTEVEDRA
SILLEDA
Superficie: 158,8 km²
Poboación: 9.055 Habitantes
Parroquias:
Abades (Santa María), Ansemil (San Pedro), Breixa (Santiago), Carboeiro (Santa María), Castro, O (San Mamede), Cervaña (San Salvador), Chapa (San Cibrao), Cira (Santa Baia), Cortegada (Santa María), Dornelas (San Martiño), Escuadro (San Salvador), Fiestras (San Martiño), Graba (Santa María), Lamela (San Miguel), Laro (San Salvador), Manduas (San Tirso), Margaride (San Fiz), Martixe (San Cristovo), Moalde (San Mamede), Negreiros (San Martiño), Oleiros (San Miguel), Parada (San Tomé), Pazos (San Martiño), Piñeiro (San Xiao), Ponte (San Miguel), Refoxos (San Paio), Rellas (San Martiño), Saídres (San Xoán), Siador (San Miguel), Silleda (Santa Baia), Taboada (Santiago), Vilar (San Martiño), Xestoso (Santa María).
O concello de Silleda ocupa unha extensión de 158,8 quilómetros cadrados e está formado por 33 parroquias. Forma parte da comarca de Deza e a súa capital é Silleda.
O sur e o suroeste deste concello está percorrido por alineacións montañosas nas que se rexistran as maiores altitudes. Nelas nacen os ríos Casela e Escuadro-Toxa, que descenden e orixinan pequenos vales. O oeste está bañado polos ríos Asneiro e Deza, o máis importante da rede fluvial. As diferenzas de altitudes e a orientación das terras marcan variacións no clima oceánico húmido de Silleda. As precipitacións diminúen cara ao noroeste, pois as montañas do suroeste actúan como barreira á entrada dos ventos do mar.
Aínda se conservan fragas de vexetación autóctona intercaladas con piñeiros, eucaliptos e matos nas zonas altas.
Unha parroquia é:
Orixinalmente, unha unidade mínima na división relixiosa das Igrexas cristiás, o terreo asignado a un cura ou pastor.
Unha unidade na división administrativa dalgunhas rexións e estados, o cal o rango vai dende inferior ó municipio, como nas comunidades autónomas españolas de Asturias e Galicia.Ó seu vez, as parroquias divídense en barrios.
Manduas
San Tirso de Manduas é unha parroquia que se localiza no concello de Sillada. Segundo o padrón municipal de 2006 tiña 972 habitantes (511 mulleres e 461 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 917 habitantes.
Segundo o filólogo Joseph-Maria Piel o topónimo procede do latín amandola (" améndoa "), que derivou a Mándolas durante o período suevo ( século ).
A súa igrexa parroquial foi reconstruída na década de 1930, mantendo a porta románica da orixinal. Ten a portada cara ao leste. Hai tres cruceiros no camposanto, no campo da feira e no lugar de Quintela.
Ещё видео!