Este ano para a celebración do Día da Paz, o 30 de xaneiro, no Ceip Seara queriamos facer algo relevante nestes tempos nos que por culpa da crise e o paro hai tantas persoas que o están pasando mal.
E sendo o proxecto anual A gastronomía... que cousa mellor que cociñar entre tod@s un menú completo e contar coa colaboración de Cáritas de Moaña para facelo chegar a quen o necesita?
Os de Infantil fixeron unhas ensaladas de pasta moi completas, os de 4º unhas nutritivas cremas de verduras e cabaza, os de 3º uns apetitosos ovos recheos, os de 6º unhas contundentes e apetitosas lentellas e os de 5º uns deliciosos lomos de carne con verduras, os de 1º e 2º fomos os encargados de facer o postre: 12 saborosos biscoitos de iogur!
Aquí vese o proceso da realización dos biscoitos en 2º de primaria
Kizoa Movie Maker - [ Ссылка ]
Ещё видео!