Emitido no Galicia Noticias Mediodía da TVG o 6/6/17.
Un home alto, delgado, de entre 40 e 50 anos. É a descrición dun exhibicionista que fan as veciñas da parroquia de Morás, en Arteixo. Vírono en repetidas ocasións en distintas aldeas da zona. Conduce un coche grande, tipo todoterreo, e baixa del espido.
Carmen e Milagros son dúas das veciñas que viron o exhibicionista. Foi neste camiño, unha tarde que andaban paseando.
Cóntano con humor porque non chegaron a sentir medo. O home fuxiu cando lle fixeron fronte. Pero coinciden en que non se atreverían a andar soas.
Descríbeno como un home de mediana idade que conducía un coche tipo todoterreo.
O caso que contan foi hai algo máis de mes e medio, pero recentemente volvérono ver noutras aldeas da parroquia.
Ещё видео!