Galician traditional folk dance. This a 'jota' dance. Celme Folk Group, from Pontevedra, Galicia (NW of Spain). Recorded on 07/02/2007.
Velaquí unha xota galega. Pódese observar que é moi distinta das xotas aragonesas ou catalás. A partitura desta Xota de Caritel é a mesma cá da Foliada de Tenorio mais na letra é onde cambian. O grupo que actúa é Celme, de Pontevedra. Nesta actuación empregaron as tradicionais pandeiretas, o tambor, un acordeón e mais un clarinete.
Letra / Lyrics (the song is in Galician language):
Entrade a bailar, galans-e,
entrade a bailar agora,
entrade a bailar, galans-e,
que a foliada vai boa.
Ailalala Ailalala
Ailalala Ailalala.
As de alá de arriba
cando van co gando
espetan a vara
e bailan o tango,
e bailan o tango
e maila muiñeira.
As de alá de arriba
non hai quen as queira.
Arriba, pandeiro roto,
abaixo, manta mollada,
onde estámo-las mulleres
os homes non valen nada.
Ailalala Ailalala
Ailalala Ailalala.
Pero non quero, non quero rapaces,
porque o resultado vén despois de atrás-e
[xxx]
por iso non quero, non quero rapaces.
No medio de Caritel
hai dúas pedras de asento:
unha é pra namorare
e a outra pra perde-lo tempo.
Ailalala Ailalala
Ailalala Ailalala.
Anda, Maruxiña non vaias á herba,
porque ven o vento e toda cha leva,
porque ven o vento e lévacha toda,
Anda, Maruxiña, non me seas tola.
Vou a da-la despedida
de rosas e caraveles
'y' de fitas 'amarillas
para que bendita fueses'.
Ailalala Ailalala
Ailalala Ailalala.
Ещё видео!