Despois da pandemia volven os "Apadriñamentos lectores". Nenos e nenas de distintos cursos mestúranse no patio do recreo para compartir lecturas. Antigas tradicións do CEIP Ramón de Valenzuela que fan que o lema da biblioteca "Lemos porque nos peta" volva a latir nesta semana dedicada ao Libro.