Continuaremos con Feijóo poñendo en valor os portos de Celeiro e Burela e os seus productos
Feijóo ten un compromiso inequívoco coa provincia de Lugo, cos lucenses e en definitiva con toda Galicia...Vota Feijóo
É importante que acudas a votar. Podes ter a seguridade de que se tomaron todas as medidas precisas para que o fagas con total tranquilidade. É necesaria a túa participación para que ninguén decida por ti e Galicia volva superarse. Fixémolo xuntos nos momentos máis difíciles e xuntos podemos volvelo facer.
Xuntos logramos que, despois da recesión económica, Galicia volvese crecer, crear emprego, pagar menos impostos, investir máis e ter servizos públicos máis completos.
Unha década despois, tamén xuntos, unha Galicia máis preparada en todos os ámbitos foi sempre un paso por diante en xestión e en resultados fronte a unha pandemia devastadora en España.
As dificultades e retos que temos por diante son enormes. Pero non me cabe dúbida de que Galicia ten capacidade de afrontalos se actuamos coa mesma unidade, responsabilidade, solidariedade e sentidiño que demostramos nestes meses. Foron tempos duros e difíciles, puxéronnos a proba, pero é un orgullo ter demostrado que somos unha gran familia.
Galicia volverá a necesitar a implicación de todos, xuntar esforzos e non desperdicialos en enfrontamentos e división prescindibles. Tamén precisaremos planificación e non improvisación, estabilidade, respostas coordonadas, experiencia de xestión, certezas, fiabilidade e moito traballo. Por iso che pido que elixas a opción que creas que mellor pode garantilo.
Eu non che vou a prometer imposibles. Pero si tes o meu compromiso de que sempre fago todo o posible por Galicia. Ante un futuro tan incerto, despois destes anos e de todo o que vivimos, sufrimos e celebramos xuntos, tes claro que é o que podo ofrecer e tamén sabes con seguridade que é o que votas se me outorgas a túa confianza.
Coñecesme. Cos meus defectos. Coas miñas virtudes. Son Alberto Núñez Feijóo.
A miña única prioridade é Galicia.
Só me debo a Galicia.
E teño claro que se hai un pobo cun futuro certo, ese é Galicia.
Páxina web do partido popular da provincia de Lugo
[ Ссылка ]
Ещё видео!