Trátase dun vídeo xeral da cidade no que se recollen todos os aspectos culturais, históricos, festivos e gastronómicos. Neste aparecen imaxes do centro histórico, centradas nas Igrexas góticas como San Francisco; a praza da Constitución e o edificio da fundación CIEC; a fonte da Diana Cazadora ou o palco da música.
Tamén se fai mención especial ao legado dos irmáns Garcia Naveira coas escolas, o lavadoiro das Cascas ou o Pasatempo.
Os ríos e a ría de Betanzos xunto ao aspecto gastronómico coa tortilla e o viño completan o vídeo presentado na caseta de TurEspaña, na Fitur 2020
Ещё видео!