O feitizo sedutor que desprende a obra de Rosenblatt é difícil de expresar. A medio camiño entre o documental e o cinema experimental, as súas películas concisas e evocadoras, dunha gran intensidade psicolóxica, enfróntannos de xeito subliminar ao máis temido da condición humana.
Mestre na arte do collage, Jay Rosenblatt combina de forma sorprendente música e imaxes de arquivo ou found footage dos anos 50 e 60, na súa maioría anuncios para televisión, películas industriais, vídeos educativos e noticiarios que el manipula, recontextualiza e altera, logrando sintetizar unha enorme complexidade de significado en breves pezas ás que dota dunha potente carga emocional.
Intelixentes, agudas, impresionistas e tremendamente poéticas, as obras deste director, bolseiro en dúas ocasións polas fundacións Guggenheim e Rockefeller, recibiron máis dun centenar de premios en numerosos festivais internacionais, incluido Sundance.
Play-Doc TV agora lle dedica unha ampla retrospectiva á magnífica filmografía deste artista con maiúsculas, singular, comprometido e arriscado coma poucos.
Jay Rosenblatt en Play-Doc TV
Теги
Jay Rosenblattfound footagecinecinemadocumentaryExperimental Film (Award Discipline)Sundance Film Festival (Film Festival)play-doc festivaltuigaliciadocumentalfilm collagephantom limbdarkness of daySuper 8 Film (Film Format)recycled cinemarestrictedanita bryantExperimental Film (Composition)experimentalhuman remainsnine livesR OperadorR Televisión