PONTEVEDRA. Centos de camioneiros de Ence mobilizáronse esta tarde en Pontevedra. Co obxectivo de facer visible o impacto que podería ter o peche da fábrica en Lourizán, os operarios percorreron a cidade nos seus vehículos.
Tras as prohibicións por parte da Subdelegación do Goberno que impedían a circulación dos transportistas polo casco urbano, os traballadores dividíronse en dous grupos.
O primeiro, os vehículos de menos de 10 toneladas que circularon polo centro da cidade. O segundo grupo, os dos camións máis pesados, finalmente mobilizáronse pola autovía.
Os transportistas concentráronse ao final do percorrido no porto de Marín.
Ещё видео!