Todas estas pontes presentan aspectos arquitectónicos do medievo máis intúese, sen lugar a erro, que están construídas sobre pontes romanas. Todas elas están cubicadas en vías romanas do itinerario de Antonino Pío que unían Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga).
Ponte de Cernadela: Está no lugar de O Ceo (Mondariz), ten unha lonxitude de 70 m. Sufriu modificacións ao longo dos séculos, en concreto no XV,XVII e XVIII. Sábese qua sua orixe é romana porque no 1958 atopouse una estela antropomórfica que a incluía na vía romana XVIII do itinerario de Antonino Pío. Ten cinco arcos, o central de medio punto e os restantes de estilo oxival.
Ponte dos Remedios: Tamén chamada Ponte Vella, está na vila de Ponteareas. Ten catro arcos, dous semicirculares e dous lixeiramente apuntados. Pénsase que por aquí pasaba a vía romana XIX.
Ponte das partidas: No Lugar de Urcela na parroquia de Moreira (Ponteareas) atópase esta ponte con 41 m de largo e catro de ancho. Ten catro arcos , os dous centrais apuntados e os laterais de medio punto. Nos extremos 3 vertedoiros de posible orixe romana.
Ponte da Fillaboa: Está entre Salvaterra e Cabreira cunha lonxitude total de 70 metros. Posúe catro arcos, o central de medio punto con un lixeiro apuntamento, a carón deste dous arcos apuntados e nun dos extremos outro máis a modo de aliviadoiro dos enchentes. Tamén se pensa que por aquí pasaba outra vía romana, a XX.
Ещё видео!