Vídeo con imaxes gravadas na mina O Pino-Touro en febreiro de 2020. Faise un percorrido polos lugares onde se verten lodos procedentes de depuradoras. Veciños e veciñas denuncian que esas verteduras se fan pola noite ou cando non hai vixilancia. Actualmente, existen cámaras de seguridade vixilando o perímetro.
Os lodos vertidos producen metano que crea un fedor que ten alarmado aos veciños e veciñas. Medicións de concentración de metano apuntaban o triplo do nivel aceptado de presenza deste gas. Regatos contaminados pola falta de control sobre as fugas de auga con metais pesados desde as balsas de contención. Os cursos fluviais do río Burgo e do Brandelos recollen todas esas augas contaminadas que van parar ao río Ulla e finalmente á ría de Arousa.
A mobilización social en contra da reapertura da mina para a extracción de cobre, así como o escurantismo arredor do proxecto e as irregularidades que se detectaron para a volta á actividade mineira, obrigaron á Xunta de Galicia a revisar todos os permisos e estudos medioambientais. Así, o goberno autonómico galego decidiu non conceder o permiso de explotación por non ser "sustentable medioambientalmente".
A loita veciñal está agora en que se clausure o vertedoiro para frear a contaminación de acuíferos e cursos de auga en toda a comarca.
Ещё видео!