Miles de tractores rodearon este luns a capital de Galiza en demanda de medidas para solucionar a grave crise de prezos que atravesa o sector, ante a falta de garantías na recollida do leite e duns prezos xustos. Os tractores pasaron a noite en San Caetano, diante do edificio da Xunta, despois de que unha masiva asemblea de gandeiros aprobase deixalos nas rúas da cidade para intensificar a presión. Á mobilización seguirán outras tres xornadas de concentracións e actos que culminarán o xoves 10 de setembro nunha manifestación a pé, con saída ás 12:00 horas de Alameda, á que a CIG, como parte promotora e integrante da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo, fai un chamamento a apoiar.
[ Ссылка ]
Ещё видео!