Gravación participativa realizada co gallo da primeira edición da Carballeira das Letras en Bugallido o 17 de maio de 2024.
Esta actividade foi concibida co obxectivo de lle dar visibilidade e potenciar os espazos cotiáns nos que o idioma propio funciona como elemento de cohesión e de dinamización social.
O videoclip foi gravado e dirixido por Carlos Abal a partir do tema "Chea de vida" de Guadi Galego e nel participou alumnado das actividades que ofrecen as asociacións, veciñas e veciños e público xeral que asistiu á celebración da Carballeira das Letras.
Ещё видео!