O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos diversos deportistas e clubs que nesta tempada próxima a finalizar mellores resultados obtiveron Reguera Dirixiuse aos deportistas, adestradores e dirixentes para felicitarlles polos seus éxitos e sobre todo para que sigan mantendo o seu esforzo e perseveranza deportiva para próximas competicións. Como non todas as competicións están finalizadas o Alcalde espera que outros deportistas e clubs poidan ser recibidos no Concello para felicitarlles polos seus éxitos.
“Para Soutomaior é un orgullo contar con deportistas como vós, cuxos triunfos contribúen a promocionar o deporte e a reforzar ademais a aposta deste Concello polo deporte”, afirmou. Todos os deportistas recibiron de mans do Alcalde un recordo da súa visita ao Concello e os presidentes de cada club asinaron un convenio de colaboración co Concello de Soutomaior.
O Kick Boxing Club Arcade segue cultivando títulos nas distintas modalidades desta disciplina deportiva. Esta vez foi no Campionato de España en “ Tatami Sport” onde obtivo 12 medallas de ouro,11 de prata e 9 de bronce nas distintas disciplinas e categorías que se disputaban. Con iso dobraba no medalleiro ao 2º club clasificado a nivel nacional. Mara Ricón, Nikol Duarte e Sofia Alvarez foron as deportistas como mellores resultados no campionato de España sumando entre as tres 8 medallas.
O Kick Boxing Club Arcade é o club mais laureado tanto a nivel autonómico como a nivel nacional sobre todo nas categorías basee. O seu adestrador ,Manuel Alvarez “Lito” , confía en seguir subindo o nivel dos seus deportistas xa que os difícil non é chegar a ser o Club nº1 se non manterse nesa posición
Ещё видео!