Nas VI Xornadas de Novela Histórica, Javier Sierra explicou como unha noite na Gran Pirámide pode cambiar a vida.
Preguntarse é unha esencia da existencia, un anhelo por saber. Javier Sierra contounos aspectos sobra a noite de Napoleón na Gran Pirámide de Guiza e tamén a súa propia experiencia.
Javier Sierra, Teruel (1971). É o único autor español contemporáneo que logrou situar as súas novelas no Top Ten dos libros máis vendidos nos Estados Unidos. As súas obras tradúcense a máis de corenta idiomas e son fonte de inspiración para moitos lectores que buscan algo máis que entretemento nun relato de intriga. Formado no mundo do xornalismo –foi cofundador da revista mensual Año Cero en 1990, director da revista Máis allá de la Ciencia durante sete anos, ademais de presentador e director de espazos en radio e televisión en España-, agora inviste o seu tempo en investigar arcanos da Historia e escribir sobre eles. Deu a imprenta títulos moi populares entre os que destacan "La cena secreta" (publicado en 43 países), "La dama azul" (editado noutros 20), "La ruta prohibida", "Las puertas templarias", "El ángel perdido", "El maestro del Prado" (que foi a ficción española máis vendida en 2013), "La pirámide inmortal" ou o Premio Planeta de Novela 2017, "El Fuego Invisible", onde se enfronta aos enigmas da creación artística a través dunha insólita procura do Grial.
#javiersierra #BibliotecadeVerín #novelahistorica
Ещё видео!