«A Mochila do Viaxeiro» viaxa ata Sober co galo da «XXXII edición da Feira do Viño de Amandi», nesta xornada Marta Doviro ademáis de catar un dos viños máis recoñecidos internacionalmente, falará co seu pregoeiro Xosé Manuel Piñeiro, coñecerá os afamados viñedos de Amandi da man dun experto viticultor da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, desfrutará dun paseo en barco polos Canóns do Sil e logo de asistir o xantar oficial no Palacio de Sober comezará un percorrido pola zona no Tren Turístico Aba Sacra que remata coa visita a adega Regina Viarum. Unha nova viaxe que Marta gardará na Mochila do Viaxeiro.
Ещё видео!