Ai Galeguiños! unha das pezas do L.P. "Xa non podemos Calar" editado en 1981 do grupo galego Saraibas.
A música é popular, a letra de Miguel Sanjurjo e Martín Sanjurjo
Ai galeguiños!
Ai galeguiños, ¿por qué estades tristes?,
¿qué condanado vos aconteceu?
A autonomía que caeu nun pozo,
e deu un suspiro e despois morreu.
¡ Ai meus amigos, canto hai que oir!
Unha cousiña e predicar,
outra cousiña e repartir,
imos cantar por non chorar,
ímonos rir.
Ai galeguiños, ¿qué-é o que vos parecen,
os conselleiros que temos eiquí?
Fan-nos ver branco onde soio hai negro,
son uns artistas, isto é conto vello.
Ai galeguiños, ¿quén na nosa terra,
siguen vendendo mais de algún favor?
Teñen un nome que a xente repite:
unhos din cacique, e outros din señor.
Ещё видео!