Vídeo 3D de Clínica Pardiñas ([ Ссылка ]) sobre a extrusión ortodóncica, un tratamento de ortodoncia para recuperar óso perdido. Existen casos en que, por diversos motivos, se produce unha perda ósea e retracción de enxiva. A extrusión ortodóncica consiste na colocación parcial dun aparello dentario para traccionar o dente en que existe a perda ósea. Esta tracción xerará óso e enxiva a medida que o dente se vai construíndo. Durante o proceso, é preciso ir rebaixando o dente a medida que se constrúe, para evitar contactos indesexados. Nos casos en que o dente se pode conservar, é posíbel restauralo. Se o dente non se pode conservar e hai que extraelo, poderá substituírse cun implante dentario, xa que se conseguirá o óso necesario para poder colocalo correctamente. Desta forma, poderá conseguirse un resultado funcional e estético óptimo. MÁIS VÍDEOS 3D de odontoloxía na nosa canle [ Ссылка ]
Un vídeo producido por Dentalplay: [ Ссылка ]
Ещё видео!