Con motivo do 40 aniversario das primeiras elección demócráticas celebradas neste país, tanto ao Congreso como ao Senado, así como ás administracións locais, O Faiado da Memoria realizou unha mostra que ocupaba todo o local da Praza de Ravella.
A exposición, que recibía o nome xenérico de TEMPOS [de] GRISES, contou cun apartado para a fotografía xornalística do tempo da transición, tanto a nivel local como galego, diversas vitrinas con material (orixinal na súa maior parte) cedido por diversas organizacións políticas, sociais e sindicais, así como de coleccións privadas, composta de revistas, documentos, panfletos, manifestos ou obxetos. Tamén había unha sección de cine gravado por distintas personas de forma anónima, profesional ou colectiva, a nivel estatal e galego, que nos mostraban as incidencias e loitas que se levaron a cabo naquela transición que non era, precisamente, de cor rosa.
Culminando todo realizáronse unha serie de charlas e debates con personas que foron protagonistas naqueles anos de transición. Estes debates estaban divididos por zonas xeográficas: Lourenzo Fernández Prieto presenta a Xosé Manuel Beiras, figura imprescindible na historiografía política de Galicia, referente histórico do nacionalismo galego, fundador do PSDG e principal membro do BNG.
Ещё видео!