[ Ссылка ]
O Señor Joaquín cóntanos como era a vida na súa mocidade e cómo se traballaba no serradoiro naqueles tempos.
O serradoiro dos Carranos é un serradoiro que utiliza a forza motora da auga para mover a serra e foi construído sobre 1922, coincidindo, curiosamente, coa hidráulica de Chicoreiras , que producía luz para o ámbito. A súa construcción realizouse en pedra e escavando a pedra do lugar, aínda que despois foi reconstruído en ladrillo. O conxunto do serradoiro consta de catro edificacións: o serradoiro propiamente dito, un " sequeiro " e almacén de madeira, unha pequena forxa e un pequeno almacén. Tamén podemos apreciar un pequeno forno para a queima dos residuos e os raís para o transporte da madeira ata o interior de serradoiro. A principal dedicación deste conxunto era a fabricación de carros, dedicación á que debe o seu nome e razón pola cal podemos atopar unha forxa, xa que as ferraxes para estes carros tamén se forxaban aquí. A localización do serradoiro tamén ten que ver con esta dedicación, xa que se sitúa á beira do camiño empedrada que levaba a Ourense , polo que pasa hoxe en día o sendeiro.
O serradoiro recibe auga do río Vixiáns , no que se construíu un pequeno encoro para facilitar a recollida de auga. Deste encoro a auga canalízase a través de dúas comportas cara á nora. Estas comportas ábrense a man, coa axuda dun " sacho " e o acceso ata elas faise por medio dunha escaleira tallada na pedra. No tramo final desta suba á nora, hai unha última comporta que permite abrir e pechar o paso da auga dende dentro do serradoiro. A nora recibe a auga e transmite o seu movemento ao conxunto de rodas e correas de transmisión, que posteriormente moverán as máquinas (serra, torno e cepillo). A nora que podemos ver hoxe en día é a terceira que se monta e ten un diámetro de máis de 6 metros . As rodas non se cambiaron dende a súa construcción e mesmo unha das correas, feitas en lona, é a orixinal de 1922. Dende aquí a forza solo pódese transmitir a un dos dous conxuntos de máquinas, por un lado está a serra de fita e por outro un conxunto de máquinas: un torno e un cepillo, que dispón ademais de serra circular e trade. Cando funciona a serra non poden funcionar o cepillo e o torno, xa que só unha das dúas correas de transmisión pode estar a traballar.
Ещё видео!